VAIA PAR DELES!
Ola! Hoxe tocan un par de libros de aves. Veñen de lonxe , da escritora e ilustradora Laufer. E Chímpate, Pepa! , de Paula Carballeira e Blanca Millán. No primeiro, a arte e a natureza danse a man nunha oda á liberdade, ao instinto e á beleza de voar. Esta historia é un canto á calma que supón observar, deterse e observar, pois nesa observación pode unha persoa apreciar a poesía gratuíta da mirada e da contemplación. No segundo, unha historia máis local, que acontece nas Illas Cíes, e onde unha corva cristada decide voar cara arriba en lugar de en paralelo ao mar. Queres saber o que pasa despois? Terás que lelo para descubrilo. Dúas lecturas moi guais que agardamos que vos molen moito.









