BICOS E NON BALAS. Antonio García Teijeiro
Como vai?
A paz é un concepto ben amplo que aparece no noso día a día e por el deberiamos apostar. Con este libro temos unha desas apostas, Bicos e non balas, un título que o deixa ben clariño.
Deixámosvos coas palabras de editorial Galaxia:
Pola nosa boca poden saír balas pero tamén bicos. Poden saír versos e beixos. Podemos reclamar, a berroversos, a paz.
Velaquí unha antoloxía de poemas sobre a paz de Antonio García Teijeiro, un dos poetas galegos que máis e mellor entenderon que non hai camiño para a paz, senón que a paz (e a poesía) é o camiño.

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario