INFLUENCERS: ALMA DA VELLA CHOUSA

 


Ola!

A primeira influencer deste curso é Nuska Casanande, unha agricultora que ensina a cociñar e prantar. Cóntanos trucos para elaborar recetas tradicionais, fala con paixón porque leva "mamando" a terra desde pequeniña, asombra pola súa curiosidade ilimitada, as súas mans medraron na terra.

É cociñeira de profesión, artista, fai teatro en ocasións pero o que máis lle gusta é divulgar. Foi o seu fillo o que a animou a crear esta canle no YouTube e ella fíxolle caso e sempre co seu obxectivo principal: "manter vivas as tradicións vinculadas ás aldeas". 

Como se fai un cesto? Como se elabora unha empanada de maíz con atún? Como se coidan os allos? Cales son as características do pepino doce? Queres sabelo? Pois proba a seguila!


Nuska é Alma da vella chousa nas redes e aquí vos deixamos uns vídeos de exemplo:





Pinchade aquí para ir á súa canle de YouTube.



Comentarios

Entradas populares