INFLUENCERS: DREW KORME




Bo día!

Estreamos o Influencers deste curso con Andrés García, máis coñecido como Drew Korme, un amante das mesas de mesturas (é tamén dj) e un fotógrafo autodidacta que anda perseguindo a Vía Láctea, as estrelas  e o Mar de Ardora, paixón que lle vén do seu amor infantil polo espazo e polas persoas astronautas.

O de Korme é porque é da vila de Corme, en plena Costa da Morte, unha terra moi especial, que garda un aspecto natural e salvaxe con identidade propia. No tempo libre que lle deixaba a súa adicación á música e o seu traballo no sector dos seguros, saía polas noites para captar nunha imaxe o Mar de Ardora da súa terra, así como espectaculares postas de sol.

As fotografías deste rapaz son máxicas e forman un universo persoal que axuda a entender a realidade e a forma de entender o mundo do artista que hai detrás. Chega aquí hoxe para que todas o coñezamos.

Foi segundo premio de fotografía na sección de Paisaxes Celestes en Ceos Galegos 2020, premio internacional 35 Awards ou premio Landscape Contest son algúns dos recoñecementos que forman parte dun palmarés que augura ser prometedor.








Pincha aquí para ir ao seu Instagram e acolá para ver o seu YouTube.


Deixámosvos cun vídeo recopilatorio coas súas cousiñas:



Ata logo!



Comentarios

Entradas populares