O PARAÍSO. MADREDEUS


 

Boas!

A nosa lingua galega, ademais de fermosa, útil, musical, antiga e propia, ábrenos a porta desa outra lingua romance que é a nosa irmá, pois compartimos nai, o portugués. E grazas a esa apertura podemos gozar con xoias como esta, un disco que é sinónimo de beleza, dunha elegancia evidente e cunha sensibilidade a proba de friaxe.

O paraíso son 14 cancións da banda lusa Madredeus, onde se mesturan moitas formas da tradición portuguesa máis alá do fado. Ademais, pódese dicir que é un disco universal que chegou moi ben ao resto do mundo, seguramente por ese toque espiritual e new age.

Na voz, Teresa Salgueiro, Na guitarra, Pedro Ayres Magalhães. Rodrigo Leao ao teclado. No violín, Francisco Ribeiro e co acordeón Gabriel Gomes. 


Con vostedes, Madredeus co tema Haja o que houver, unha das cancións que mellor conxuga saudade, tristeza e luz:



Maxia!


Comentarios

Entradas populares