PAPÓNS. Sandra Lodi

 




Ola!

Hoxe traemos un libro que se fixo co Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado no pasado 2024. Tamén gañou o Premio Follas Novas en ilustración e, sabemos así, que imos atopar calidade entre estas tapas duras.

Sandra Lodi debuta con esta peza literaria marabillosa que ten como canle un factor que debería ser importantísimo na nosa sociedade: as relacións interxeracionais. E, polo medio, hai un caso de investigación para descubrir o autor ou autora dunha desaparición.



Déixovos con este texto para pescarvos na lectura:



"A Inés encántalle pasar tempo coa avoa

e cultivar a horta con agarimo.

Un día descobren que alguén fixo desaparecer

a colleita en que traballaron todo o ano.

Quen sería o papón?"




Ata a semana!

Comentarios

Entradas populares