COÑECES A... CONCEPCIÓN PÉREZ IGLESIAS?




Boas!

Comeza hoxe unha nova sección neste blog, a de Coñeces a..., na que intentaremos achegarvos a persoas galegas que foron moi importantes na sociedade por diferentes motivos. E debutamos con CONCEPCIÓN PÉREZ IGLESIAS.

Esta muller naceu en Santiago de Compostela un 12 de decembro de 1881. Foi unha mestra e política galega que en 1925 se convertiu na primeira alcaldesa de Galicia e unha das primeiras do estado español. O curioso de todo isto é que o sufraxio universal aprobouse na II Republica en decembro de 1931, é dicir, as mulleres non podían votar, e unha década antes, un grupo de mulleres xa lograran acceder ás alcaldías dalgunhas vilas, dando mostras dunha loita incansable.

As veciñas e veciños coñecíana como Dona Concha e ostentou o cargo de alcaldesa no concello de Portas ata o 1930, despois de ser destinada con 26 anos como mestra na vila. Para acceder ao cargo, obtivo seis votos a favor e un en contra. 

En definitiva, mestra da república e alcaldesa, méritos enormes dunha muller menos lembrada do que debería.



Ata a próxima!






Comentarios

Entradas populares