DOUS LIBROS QUE MOLAN MOGOLLÓN

 







Boas!

Dous libros que cremos que vos van gustar moito, o primeiro da editorial OQO e o segundo, de Bululú.


HAI ALGUÉN MÁIS FEROZ CA MIN? Hugo Fernandes e Zé Carlos Pinto.

Todos temían o monstro, e el mesmo estaba convencido de que non había ninguén máis feroz ca el; pero un día atopouse cun cativo que non lle tiña medo ningún. O monstro tratou de convencelo das súas tremendas e horripilantes características, pero lonxe de persuadir o rapaz, este demostroulle que nada daquilo era tan horrible e mesmo que os seus problemas tiñan solución doada. Case sen decatarse, o monstro empezou a mudar e a botar de menos o seu amigo.


PODES. Giusi Quarenghi e Alessandro Sanna.

A vida está chea de retos que nos poñen a proba dende que somos moi pequenos; de normas, ás veces demasiado estritas, que nos manteñen inmóbiles nun asento ou que nos ditan como e cando debemos actuar, como comportarnos. Nunha sociedade colectiva debemos respectar aos demais, pero… debemos perder a nosa liberdade de ser nós mesmos?


Que vos molen moito!



Comentarios

Entradas populares