LOIRA, DE ABRAHAM CUPEIRO
Bo día!
Outra vez Abraham Cupeiro neste blog. O sarriano publicou o seu segundo disco, Loira, nome que homenaxea á súa cadela cega. Este é un traballo mestizo, con temas que pasan da euforia ao recollemento, da tranquilidade á inquedanza, cancións perdidas que descubrimos agora grazas ao desexo do seu autor.
As voces de Davide Salvado ou Matthew Ward, o acordeón de Sabela Caamaño, o violín de Cibrán Seixo, a arpa de Alba Barreiro e o contrabaixo de Antonio Cienfuegos aparecen xunto ao xenio lucense nunha mostra de traballo colaborativo entre os talentos.
Unha vez máis, unha chulada. Aquí vos queda un detalle a gozar...

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario