DICIONARIO GTB: SAUDADE VS MORRIÑA

 



Ola!

Hoxe debate para as persoas lectoras desta entrada a partir dunha reflexión sobre palabras. Acordos e desacordos... ou tamén indiferencia... ou invisibilidade!

Falamos dun enfrontamento entre a xigante MORRIÑA e a "para min máis molona" SAUDADE. A primeira está tan usada que acusa o desgaste, tanto que ata xa é unha palabra da lingua española e, xunto con bolboreta e riquiña poden ser as máis recurrentes das persoas estranxeiras cando pensan na nosa lingua. En cambio, a segunda é unha das palabras máis fermosas que existen en calquera lingua e, falando con claridade, paréceme máis propia da nosa cultura. 

Non é nostalxia, non é melancolía, non é morriña, non é tristeza, non é esperanza, non é alegría, non é pena, non é orgullo... pero todo iso está na SAUDADE.


Que pensades?

Comentarios

Entradas populares