BURBULLAS DE CALMA SERENA. Andrea Maceiras
Ola!
Burbullas de calma serena é un libro de Andrea Maceiras e con ilustracións de Irene Sanjuán que publica a editorial Cuarto de invierno. Fíxose co Premio Follas Novas do Libro Galego á mellor novela xuvenil 2024.
Vai dunha gata chamada Casiopea, unha nena de nome Alma, un alien que vén do planeta Sosego e unha vila onde todo acontece, Agarimo. Polo medio, unha boa dose de aventuras, as relacións familiares e como nos afectan, a xestión de emocións e o control do instinto, as obrigas que temos na escola e a calma como opción ideal para vivir mellor nesta sociedade que vai demasiado rápido.
Recomendamos a súa lectura a todas aquelas persoas que queren vivir felices... entendemos que todas!
Chao!

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario