O BOSQUE É A NOSA CASA. Sara Fernández e Sonia Roig

 



Ola!

Pode haber algo máis bonito que un bosque? Algo máis potente? Algo máis máxico? Eu creo que non. Ademais, canto máis se alonxa o ser humano dos bosques, peor lle vai, polo que é moi necesaria unha reconexión coa natureza para gozar de mellor saúde e para ser máis felices.

O bosque é a nosa casa é un hermoso e acertado libro de Sara Fernández e Sonia Roig que vén para convencernos sobre a reflexión do parágrafo anterior. Ao entrar nesta historia, a lectora e o lector descubrirá unha chea de cousas moi interesantes e poderán converterse en todas unhas especialistas. 

Probade... que non vos arrepentiredes!



Comentarios

Entradas populares