NO LIMIAR, DE GARZA
Aínda que a música electrónica moitas veces se asocia a algo que non aporta calma, o certo é que conecta moito co propio corpo humano, polo que resulta algo orgánico e incluso primitivo. Os latexos do corazón podrían ser os propios ritmos da electrónica e xa os sentimos desde o ventre das nosas nais.
En abril de 2025 publicouse este disco de Garza, No limiar, un traballo que chega tras tres discos anteriores e nel experiméntase con texturas, ritmos e paisaxes sonoros. E todo isto vai dar nun xogo de emocións que conmoven de maneira moi clara.
Música ambiental para escoitar tranquilos desde o sofá dando paseos mentais na nosa imaxinación ou para bailar sen parar.
Escoitádeo!
Se pinchades aquí podedes ir ao seu perfil de bandcamp e a continuación déixovos unha mostra da súa música:



Comentarios
Publicar un comentario