COÑECES A... LUCÍA FREITAS?
Bo día!
Hai moitas razóns polas que querer a Lucía Freitas e mentres volas vou contando, ímola coñecendo.
- É unha muller que destaca dentro dun mundo que historicamente foi masculinizado como é o da cociña e a gastronomía. Chama a atención como nunca cultura na que as mulleres son as que cociñan, se levan a fama e o prestixio os homes... curioso!
- É unha muller profundamente orgullosa da súa identidade galega, sendo bandeira dunha cociña, a nosa, a galega, en diferentes foros e lugares do mundo.
- É unha muller que respeta a cultura culinaria e a tradición e viaja regularmente a ámbitos rurais para aprender e descubrir como cocinaban os nosos antepasados, que produtos consumían, como se conservaban eses produtos...
- É unha muller que, despois de recoller toda esa sabiduría, mestúraa coa súa propia experiencia, coa súa cultura familiar e con todo o aprendido durante a súa carreira como cociñeira.
- É unha muller moi comprometida coa realidade social dos nosos tempos, defendendo sempre ás clases sociais máis baixas, a loita de clases, a existencia e participación dos sindicatos na vida pública e laboral, e moitas outras cousas que demostran o seu compromiso e a súa loita en favor das persoas máis desfavorecidas.
- Por ser propietaria dun restaurante marabilloso en Santiago de Compostela, A Tafona, onde o goce está garantido grazas ao seu bo facer.
Aquí podedes botarlle unha ollada á súa web... que aproveite!



Comentarios
Publicar un comentario