PORQUELANDIA. Ledicia Costas e Iván R.
Que hai?
Queredes hogar? Quen volo impide? A xogar! Veña!
Ledicia Costas e Iván R. tráennos a primeira baralla de cartas de Triqueta. Un xogo para fomentar a creatividade e facer voar a imaxinación, que podes usar en familia, con amigos ou como ferramenta na clase, na escola.
En Porquelandia, as persoas xogadoras, crean preguntas absurdas e situaciones ao azar e hai que tratar buscar respostas exiles e así poder avanzar. A raíz disto, aparecerán situacións moi surrealistas. Non se poden repetir respostas nin tardar moito en dalas.
É un xogo que parece que non remata nunca, polo que a diversión está garantida! Ademai, pode usarse para a creación literaria, para crear historias coas diferentes cartas que nos van saíndo.
Cremos que vos pode gustar moito. Non o dubidedes, xogade, compartide tempo con outras persoas queridas e gozade.
Chao!



Comentarios
Publicar un comentario