INFLUENCERS : ANXO CAO

 



Bo día!

Hoxe traemos a Anxo Cao, un rapaz do concello de Cervo, biólogo, apicultor e fotógrafo da natureza. 

Naceu en San Cibrao, unha vila pesqueira da provincia de Lugo, unha vila asomada ao Cantábrico e iso marcouno claramente, cun amor polo mar que se nota en cada cousa que fai. Estudou bioloxía, aquilo que sempre lle fixo feliz: a natureza.

Traballa nas Azores avistando e retratando en imaxes aos cetáceos máis impresionantes. E faino con fins científicos, para estudar os patróns de migración das baleas azuis ou dos cachalotes, a distribución do hábitat ou as relacións entre os individuos. Ademais, as fotografías teñen tamén unha clara intención artística e de beleza que pode axudar a entender a vida salvaxe e a preservación da mesma.

Por se todo isto fora pouco, Anxo Cao é tamén apicultor e ten unha explotación apícola (de abellas) desde 2012 na que aprende cos patróns de vida destes pequenos insectos.


Se queredes ver a súa páxina web, pinchade aquí.


Deixámosvos con algunhas imaxes:














Comentarios

Entradas populares