DÍA DAS LETRAS GALEGAS PARA A XENIAL BEGOÑA CAAMAÑO


Bo día!

Esta semana celebramos o Día das Letras Galegas e, como xa sabedes, este 2026 homenaxéase a Begoña Caamaño. Escritora, xornalista, feminista declarada (a ver cando chega o día no que non haxa que salientar isto porque o sexamos todas!) e destacada activista política.

Caamaño foi sempre unha muller valente, involucrada coa verdade, co seu entorno, co seu contexto vital e social e coas diferentes realidades que lle tocou vivir. Foi unha muller sempre invadida pola xuventude, pola energia e pola forza... e foi unha grandísima pena que se fora tan nova. 

Alegrámonos moito de que sexa a protagonista deste ano.


Deixámosvos este enlace a un artigo escrito por Ana Romaní e publicado na web da RAG:

https://academia.gal/letras-galegas/2026/begona-caamano/biografia

Comentarios

Entradas populares