COMO ESCORRENTAR UN LOBO. Antonio M. Fraga e María Brenn
Boas!
Como escorrentar un lobo é un libro que conta unha historia chea de misterios co aroma das lendas contadas na intimidade, un relato para ler na tranquilidade dun lugar coa luz xusta, dun lugar agradable e confortable.
Un libro de absoluta actualidade nestes tempos nos que diferentes discursos de ultradereita se converten no fascismo que se vota de maneira democrática. No contexto da Segunda Guerra Mundial, unha moza polaca rescata a dous irmáns xudeos e evita que caia nas mans dos nazis. A partir de aí, comeza unha loita por mellorar o destino e combatir o medo a través da historia persoal da protagonista.
Unha historia de solidariedade, amizade que afonda na única idea que pode salvarnos como especie e como sociedade: a colectividade por encima do individuo, xuntarnos para avanzar, compartir para vivir.
Un libro importantísimo, Premio Follas Novas ao mellor libro infantil.
Gustaravos seguro!



Comentarios
Publicar un comentario