DICIONARIO GTB: UNHA EXPRESIÓN FERMOSÍSIMA

 



Ola!

Hoxe traemos unha expresión moi formosa que xa non se usa moito neste mundo de "o seas", " buah nenos", "como ques", "en planes", "bros", "sixsevens" e demais bromas de mal gusto. Unha expresión que usa a xente maior de determinadas zonas de Galicia e que usamos outros aínda non tan maiores... incluso xente moza. Unha expresión que se refire ao crececemento dos días a partir de mediados de decembro. 

Moitas persoas pensan que é a partir de Santa Lucía (13 de decembro) cando se produce este cambio na lonxitude dos días, outras pensan que é a partir do solsticio de inverno o 21 de decembro, mais segundo o Observatorio Astronómico Nacional varía en función da localización e do ano. Segundo Jorge Mira, científico da Universidade de Santiago de Compostela (USC), na nosa latitude, as tardes medraron a partir deste pasado 10 de decembro. 

Entón, cando isto sucede, cando comeza a haber máis horas de luz, o galego fainos un galano precioso: a expresión XA SE LLE COÑECE AOS DÍAS.






Comentarios

Entradas populares