A TORRE DA DERROTA. PEIRAO
Bo día!
Tremendo discazo este A Torre da derrota da banda compostelá Peirao! Que auténtica chulada! E que ben agochadiño estaba, que difícil foi atopalo entre tanta publicación comercial!
Moitos estilos poden apreciarse neste lúcido traballo: rock, sludge, metal, stoner e experimentación. Música directa, sen artificios, moi intensa, chea de carraxe, tremendamente valente nestes tempos que vivimos de pobreza intelectual. Música feita en galego, que é unha lingua moi valiosa para comunicar pero que é pouco habitual, pouco usada, e non entendo o motivo. A través da nosa lingua, vannos falando e contando as cousas que consideran con pulso e contundencia.
Escoitade este disco, fai falta, é moi necesario.
Pincha aquí para ir ao seu un enlace de bandcamp e déixovos tamén o disco enteiro en YouTube:
Ata a semana!



Comentarios
Publicar un comentario