VAIA PAR DELES!
Ola!
Hoxe tocan un par de libros de aves. Veñen de lonxe, da escritora e ilustradora Laufer. E Chímpate, Pepa!, de Paula Carballeira e Blanca Millán.
No primeiro, a arte e a natureza danse a man nunha oda á liberdade, ao instinto e á beleza de voar. Esta historia é un canto á calma que supón observar, deterse e observar, pois nesa observación pode unha persoa apreciar a poesía gratuíta da mirada e da contemplación.
No segundo, unha historia máis local, que acontece nas Illas Cíes, e onde unha corva cristada decide voar cara arriba en lugar de en paralelo ao mar. Queres saber o que pasa despois? Terás que lelo para descubrilo.
Dúas lecturas moi guais que agardamos que vos molen moito.



.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario