INFLUENCERS: JUAN RIVAS
Ola!
Juan Rivas é un artista fascinante. Desde a sinxeleza, conquista ao espectador con obras moi orixinais. Aposta polo entorno galego, rural e urbano, agasallándonos con fiestras para gozar das paisaxes.
O pintor pontevedrés recibiu a súa formación artística na súa cidade natal, na Facultade de Belas Artes, e compleméntaa cunha estancia na Universidade de Kingston. A súa obra caracterízase por unha aproximación fotográfica ao impresionismo e á paisaxe natural e artificial, onde semella que non hai máis intención que amosar o que hai ao outro lado. Iso si, non hai nin rastro de persoas nas súas pinturas, pois céntrase claramente na relación existente entre os elementos arquitectónicos e os naturais.
Rivas exprésase a pequena escala, cunha sutileza moi elegante, a modo de sketch. Combina debuxo rápido con materiais efémeros como xiz, rotuladores, pastel ou pintura acrílica. O proceso invírtese respecto ao tradicional: primeiro pinta a paisaxe e logo toma a fotografía, buscando tamén captar a textura do soporte e a luz do momento.












.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario