COÑECES A... VERO BOQUETE?
Que tal?
Coñecedes ese sorriso da fotografía? Si? Non? Pois é unha rapaza galega moi coñecida que naceu en Santiago en 1987. Foi unha das mellores futbolistas de España e, agora, preto do final da súa carreira como xogadora, traballa tamén de comentarista de partidos na televisión... cousa que fai de marabilla, moi por encima da maioría dos seus compañeiros homes, por certo. Chámase Vero Boquete.
É todo un referente do deporte, primeira profesional muller, primeira campiona da Champions League, primeira en levar a España ao mundial e a primeira que foi candidata ao Balón de Ouro. Unha muller sacrificada, esixente, todoterreo e moi intelixente. Xogou en EE.UU., Italia, Rusia, Suecia, Alemaña, China ou Francia. É un claro exemplo de persoa que abre camiño a outras persoas en circunstancias non favorables.
Unha das cousas dela que máis nos gustan é que forma parte desde fai moitos anos de Common Goal, un proxecto solidario fundado en 2017 no que as persoas participantes do mundo do fútbol, ceden un 1% do seu salario para iniciativas que usan o fútbol para crear un impacto social positivo.
Queda presentada esta crack!


.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario