UNHA CURIOSIDADE MOI CURIOSA
Bo día!
Sabiades que a timidez non é algo exclusivo das persoas? Sabiades que as árbores tamén teñen ese sentimento ou carácter? Pois si, así é. Hai un fenómeno que se chama canopy disengagement o crow shyness en inglés e que se traduce como a timidez das copas e afecta dunha maneira moi visual a estes seres vivos.
Obsérvase porque hai liñas finas que deixan ver o ceo no alto, como un río de curvas polos que pasa o aire e non deixa que as diferentes árbores se toquen. Parece como se ningunha árbore quixera irrumpir no espazo íntimo de outra. Trátase dun equilibrio natural que se explica segundo diferentes teorías científicas. Unha delas é a da abrasión, na liña do botánico australiano Maxwell Ralph Jacobs, que di que a fricción propia do contacto entre as pólas das diferentes árbores dana os seus tecidos e limita o seu crecemento. Por outra banda, a teoría máis popular explica que as pólas das árbores en contacto entre si se separarían das súas respectivas raíces cando azoutase unha tormenta ou fortes refachos de vento. O espazo baleiro entre elas non xurdiría de forma natural, senón polo impacto dun choque externo.
As plantas non son intelixentes no sentido neuronal, pero si teñen sensores, fotorreceptores, que funcionan e se activan segundo a luz dispoñible (estes son os que permiten ás flores orientarse en relación co sol, por exemplo).
En fin... non vos parece unha pasada? A min, si.




.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario