O UNIVERSO DE DAS KAPITAL
Ola!
A recomendación musical de hoxe non é das habituais, nin sequera é unha novidade, senón que se trata dunha banda que xa non está en activo pero que fai algo máis dunha década armaron bastante boureo en Galicia e España.
Tres discos: Ruído Negro (2011), Grecia (2013) e Das Kapital (2015). Música electrónica moi contundente, cun marcado acento industrial, grandes doses de escuridade, querencia polo experimentalismo, krautrock e un cantar que parece recitar (que vén a ser o que se chama en inglés spoken word.
Falan dun estado de excepción permanente, dun son furioso, dunha fuxida da convención melódica, da periferia, da rebeldía contra o convencionalismo e plantexan o socialismo como única opción ante a barbarie.
O Leo, (voz), Daniel Salgado (Adat e Kaossilator), Marcos Paino (sintetizadores), Tomás Ageitos (percusións e son en directo), Doutor Chou (guitarra) e Davide Ageitos (guitarra) forman este grupazo que nos días que vivimos hoxe en día tanto notamos en falta.
Déixovos dous vídeos deles:




.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario