O TRIÁNGULO VERMELLO. Carme Vidal, Pablo iglesias Núñez e Belén Diz
Ola!
Carme Vidal, Pablo Iglesias Núñez e Belén Diz entrégannos na colección Pequena memoria da editorial Xerais. Son corenta páxinas que serven para dignificar a memoria histórica que a algunhas persoas tanto lles molesta, quizás porque non gustan da verdade.
Mercedes Núñez (1911-1986), política republicana e militante antifascista, logra sobrevivir ao cárcere de Ventas franquista e ao campo de concentración nazi de Ravensbrück e adica os últimos anos da súa vida a denunciar a represión sufrida no que foron dous verdadeiros infernos para as mulleres. A súa biografía é unha lección de vida, de solidariedade e compromiso coa liberdade e a xustiza. A súa herdanza, unha vacina contra o fascismo. "O triángulo vermello" é o terceiro título desta colección para recuperar as voces silenciadas da historia.
Estamos ante unha biografía emocional sobre unha supervivinte do fascismo a través da mirada do seu fillo Pablo.
Esperamos que vos guste!


.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario