TRES LIBROS PARA PRIMEIRAS LECTORAS DE ABACUS

 






Ola!

Hoxe traemos tres títulos da cooperativa editorial Abacus. 

O ninja zampón, de José Carlos Andrés Myriam Cameros Sierra, é unha historia sobre un neno que cando pon o seu disfrace de ninja vólvese invencible, non lle ten medo a nada pero hai unha cousa que o paraliza totalmente. Que será esa cousa?

Miguel Tanco é o autor de Conta comigo, unha historia sobre as matemáticas e esa típica e tópica tendencia a velas como un problema ou como algo complicadísimo. Trata dunha nena, cuxa paixón son as matemáticas e analiza a realidade e todo o que a rodea desde ese punto de vista científico.

E, para rematar, Historia dunha nube, de Eleonora Garriga. Fala sobre a diferencia, sobre diversidade e sobre a aceptación dunha mesma e das demais. Non todas as persoas temos que ser iguais, nin pensar o mesmo, nin comportarnos do mesmo xeito. É un dereito, temos que aceptalo e saber vivir con iso.


Esperamos que vos gusten. Ata a semana!

Comentarios

Entradas populares