DICIONARIO GTB: DÚAS CURIOSIDADES DO DICIONARIO DA RAG
Que tal? Espero que ben!
Queredes coñecer dúas cousas que chaman a atención do dicionario da Real Academia Galega? Eu si... e agora vos conto.
A primeira é sobre palabras que están recollidas no dicionario e outras que non. Se tiveras que apostar por cal destas dúas palabras non aparece... cal dirías?Bochecha ou weltanschauung? Pois, curiosamente, a introducida é a segunda, de orixe alemá, e que significa Filosofía. Xeito de concibir o mundo e a vida. Entendedes este feito ou non? Pois eu non, a verdade.
O segundo feito curioso ten que ver sobre as palabras máis consultadas. Entre elas están a anterior (desde que saiu publicada a nova na prensa), tamén afouteza, cobezón ou soviet. Todo moi sorprendente... ou polo menos para min!
O ser humano nunca deixa de sorprender, para mal, para ben... e para nada!


.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario