COÑECES A... ANTÍA CAL?

 


Ola!

Outra sesión de Coñeces a..., tan necesaria hoxe en día ante un panorama onde o ultraconservadurismo deixa de asomar a cabeza e amósase xa sen complexos. Ante isto, só nos queda estar enfronte e esta sección é unha pequena loita coa memoria, co espazo e co tempo.

Hoxe tócalle a unha muller admirable, Antía Cal, unha educadora que revolucionou a ensinanza no noso país nos anos sesenta. Foi unha das pioneiras en antepoñer a aprendizaxe baseada no razoamento e deixar de lado a memorización. Sempre apostou por unha pedagoxía baseada na comprensión e na construción do coñecemento tendo sempre moi en conta a experiencia vivida. 

Antía naceu en La Habana en 1923 e chegou a Vigo con nove aniños despois de vivir un tempo en A Coruña. Licenciouse en Xeografía e Historia en Santiago de Compostela e convertiuse así nunha das primeiras mulleres universitarias de España. Casouse co médico e intelectual galeguista Antón Beiras, tivo catro fillos que educou poñendo en práctica o innovador método no que ela cría. 

En 1961 abriu o seu propio colexio, onde había unha educación progresista laica, bilingüe, impartida por nativos e sen discriminación por sexos. Que marabilla! E pensar que aínda hai xente que non ten estes conceptos claros...


Comentarios

Entradas populares