TARTARUGA VS LEBRE. O DESQUITE. David Pintor
Que tal?
Toda a vida levamos elixindo entre opcións. Messi ou Cristiano, mar ou montaña, cociña tradicional ou moderna, orellas, roscas ou filloas, tortilla con cebola ou sen ela, cans ou gatos, Dépor ou Celta... que santo aburrimento! Co bonito que é saber gozar con todo isto!
Neste libro de Kalandraka vaise na liña contraria, a de pór en valor todo, sen ter que escoller necesariamente. É "unha transgresora versión da fábula clásica que nos propón un desenlace diferente, no que tanto a perseveranza como a intelixencia xogan un importante papel", como din na editorial.
Se tedes oportunidade, metédelle o dente!

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario