IV ROMARÍA POP DAS LETRAS
Este ano dedicábase o día das Letras Galegas á poesía popular oral, personificado nunha serie de mulleres cantareiras e pandeireteiras como foron Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e as pandeireteiras de Mens (Malpica).
Durante semanas atrás estivemos coñecendo o nome dalgunhas gracias aos xogos de Lerouchiño, a mascota da nosa biblioteca.
Fomos de camiñata á Igrexa, unha vez alí distribuímonos por zonas e comezamos coa primeira actividade, un obradoiro para crear unha pandeireta e despois decorámola.
Ao rematar, merendamos e fixemos un obradoiro para aprender a tocar a pandeireta e outro obradoiro para aprender pasos de baile tradicional galego. No noso cole hai moita arte e as nenas e nenos que saben tocar e bailar foron elas e eles os que nos ensinaron.
Os compis de 6ºEP leron un manifesto moi cantareiro e regueifeiro que nos falaba das homenaxeadas.





.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario