INFLUENCERS: MALVA
Boas!
Outra influencer máis para a colección de persoas que nos poden facer moito ben. Na sección de hoxe de Influencers temos a Malva.
Malva é unha das referentes nas redes sociais en galego. Nace a comezos de 1997 polo que fai ponte entre a Xeración Milenial e a Z. En 2021 abre ao público a súa conta de Tik Tok e, a partir de aí, vai gañando cada vez máis seguemento e popularidade. Co paso do tempo, a súa presenza nas redes sociais foi mudando. Atopámola no Youtube, no Instagram e no Twitter. Malva non só xera contidos en vídeos senón que tamén escribe artigos de opinión na revista Luzes.
Aquí tedes un vídeo que vale de presentación:
Deixámosvos unha entrevista da Deputación de Lugo:
Ata logo!

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario