DICIONARIO GTB: ALGUNHAS EXPRESIÓNS (IV)
Ola!
Unha nova entrega (e probablemente última) desta sección de dicionario onde compartimos tantas expresións tradicionais galegas que atravesan os anos con fortaleza para chegar aos nosos días.
Todas as persoas que usan estas expresións TEÑEN O CEO GAÑADO, teñen moitísimo mérito porque permiten que continúen existindo. Ademais, xa sabemos que non usar é o mesmo que non existir, polo tanto, usar é existir. Non se lle pode POÑER A CULPA a quen non as usa pero si animalas a través deste post para que se animen a facelo. Pero quen non as usa porque as desprecia haberalles que dicir TÍRALLE DO AIRE! e poñerlles cara de cú, porque, CÓMAME O DEMO!, non é esa unha actitude respetuosa coa nosa identidade.
Despídome. Hoxe, NON SE MOVE UNHA PALLA, está o día calmo, sen vento, tranquiliño. Aproveita e CHÁNTATE ALÍ onde te sintas xenial, vai a ese lugar, aproveita a vida... agora ben, non podemos garantir que non comece a chover e te POÑAS COMA A LAMA, pingando. Aínda que, xa sabes, LOGO PASA!
.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario