O NOVO DISCO PEQUENO DE CHICHARRÓN: VITORIA
Boas!
Ata a próxima!
Este disco pequeno da banda galega Chicharrón é unha delicia. Dream pop rural na onda dos Broadcast menos experimentais, melodías melancólicas con poesía en galego, mesturado todo co folklore e co slowcore. Vitoria conta a historia de amor entre dúas mulleres lesbianas en plena ditadura franquista. É, polo tanto, un disco luminoso para uns tempos demasiado escuros que apuntan hacia quen sabe onde.
Catro cancións (Vitoria, O clima dos teus ollos, Somos un coro de voces que xa non existen e As tendas dos museos) en catorce minutos, catro temas en galego dunha beleza a proba de fascistas, un homenaxe ao amor e á tolerancia.
A maioría queremos seguir vivindo nun mundo xusto e igualitario que cada día sexa mellor. Esta música axuda nese obxectivo.
Aquí cada unha canción:

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario