CINCO RECOMENDACIÓNS PARA IR TIRANDO ESTA PRIMAVERA
Que tal?
Pois aquí van uns cantos libros que vos recomendamos.
Reino Fungi. Mundo entretecido é un percorrido polo mundo dos fungos, desde os cogomelos dos bosques ata os fungos dos fogares, desde a súa utilización na cociña, na menciña ou na agricultura ata o seu rol fundamental na natureza.
Por outro lado, Federico (O meu amigo) describe como sería poñerse na pel do García Lorca neno para contar a súa historia como un conto. Este é un paseo pola vida dun dos máis xeniais escritores e dramaturgos da cultura en lingua española.
Mica, Cuarzo e Feldespato é unha historia de alianzas entre especies animais para loitar contra outras, unha batalla pola supervivencia nun vertedoiro no que non hai comida para todos/as. Ratas e gatos contra gaivotas.
Logo temos Contos ás seis onde Enid Blyton reúne unha serie de relatos divertidos cos que aprender e gozar. Gnomos que buscan agradar a todo o mundo, xoguetes que cobran vida, rapaces de bo corazón, elfos un pouco parvos e animais que serven de moita axuda.
Canto papel hixiénico usar para limparse, tirar da cadea, non esperar ata o último momento, chamar antes de entrar no baño e outros moitos consellos son os que se tratan neste libro tan sinxelo e útil. Caca Peido Pis. Manual para ir ao baño é unha chulada para xente limpa.
Ata logo!





.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario