A ÚLTIMA FRONTEIRA. Cecilia Heikkilä
Bo día!
Fai uns meses escoitei a unhas persoas falar sobre a importancia das relacións interxeracionais. Que que é iso? Pois relacións entre persoas de diferentes idades... e son importantes porque consiguen que a infancia inflúa na vellez, a vellez na infancia, a xuventude na adultez, a adultez na infancia, a vellez na axuventude... e así sen parar.
Pois neste libro hai moito diso entre un avó e un neto, e moito da natureza, e moito da súa preservación e coidado, e moito de libros, e moito de mapas, e moito de respeto, e moito de intelixencia. Unha viaxe de aventuras persoal, colectiva, íntima e universal.
A última fronteira é outro agasallo da editorial Kalandraka e Cecilia Heikkilä a súa autora.
Pois nada, grazas.

.jpg)

Está na nosa listaxe porque so o puiden ollar un mini intre na libraría esta semana e pareceume digno de ter. Ímolo ter en breve e agasallar aos amiguiños que cumpren dende agora tamén. Grazas polo empurrón para decidir mercalo.
ResponderEliminar