TEMPO DE ENTROIDO!!


Despois dos mandadiños do Meco Pepe, o pasado xoves celebramos o noso particular festival de Entroido!

Partindo do noso proxecto "Facendo comunidade", este ano decidimos que a temática dos disfraces de Entroido reflexaran os antigos oficios de Galicia onde se traballaba en comunidade e onde tamén tiñan moito protagonismo todo tipo de cantigas (cantos de traballo, cantos de foliada, ...).

De aí que, por ciclos e por grupos-clase, saíran varios oficios e a aprendizaxe de moitas cantigas populares. O xoves 27, convidamos ás familias a ver os nosos disfraces e as nosas actuacións. Foi un día moi emocionante, cheo de ledicia, historia, música, lingua e troula.

Nas seguintes fotos podedes ver como lucimos de espectaculares os nosos disfraces (moitas gracias ás familias pola colaboración). Podedes ver unha pequena mostra das nosas actuacións de canto e baile (por dereitos de imaxe non podemos ensinar os vídeos). En definitiva,  un exemplo dun día fermoso con moita cultura e tradición galega.

Así de bonito estaba o noso escenario.


INFANTIL de REDEIRAS. 

Cantaron a cantiga de redeiras de Camariñas de O Fiadeiro do seu libro-CD "A Viaxe de José do Campo" e bailaron a canción de a Rianskeira do grupo galego Uxía Lambona e a Banda Molona.



1º EP de MARIÑEIRAS E MARIÑEIROS.

Cantaron e bailaron a canción "Catro vellos mariñeiros" de Uxía Lambona e a Banda Molona.



2º EP de LABREGAS E LABREGOS.

Cantaron e bailaron a canción "Labrego" do grupo Milladoiro.  Ademais, acompañaron o ritmo da música cos tubos musicais chamados "Boomwhackers".





3º EP de GAITEIROS E GAITEIRAS.

Recrearon a historia sobre a orixe da obra musical galega "Muiñeira de Chantada" do grupo de gaiteiros de Soutelo, e así a bailaron.




4ºA e 4ºB de traballadores do LIÑO e  tamén de CANTEIROS E CANTEIRAS.

Para a representación do liño cantaron a canción "Estroupelear" do grupo Milladoiro. Con pandeiretas e paus representaron con ritmos a mazada do liño.


Para a representación dos Canteiros cantaron "Os cantos da pedra" do grupo Eliseo Parra e utilizaron pedras para acompañar a música.



5º EP de VENDIMADORAS  e VENDIMADORES.

Cantaron e representaron a canción "Canto de vendima" de Treixadura.




6º EP, ademais de presentadores da gala, realizaron unha exhibición de acrosport e foron as CESTEIRAS E CESTEIROS cantando a canción de "Cesteiros" de Fuxan os Ventos.






Ata o próximo Entroido!!

Comentarios

Entradas populares