QUINTELA DE CARME LÓPEZ
Ola!
Carme López é unha moza galega, investigadora, música, profesora, buscadora incansable na tradición oral galega e gaiteira experimental que acaba de publicar o marzo pasado Quintela, un disco marabilloso que vén a demostrar, unha vez máis, que a música galega é moi moderna.
Neste traballo, explora as posibilidades de sonido da gaita en catro movementos cun prólogo e un epílogo.
Diferentes estilos e xéneros se mesturan para crear algo único. Folklore, música ambiental e drone xúntanse nunha proposta máxica de escoita complexa. Hai que recoñocer que non é un disco doado, pois necesita paciencia e curiosidade, interese e gusto. Se superades esa esixencia, a recompensa será clara.
Déixovos cun par de vídeos:

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario