DICIONARIO GTB: ALGUNHAS EXPRESIÓNS (II)

 



Ola!

Segunda parte deste Algunhas expresións da nosa sección de Dicionario GTB.

CAER DA BURRA dise cando unha persoa se percata dun erro que comete e entende por fin que non estaba no certo. E cando alguén nunca cae da burra, podemis dicir que ÉCHE O QUE HAI para expresar que desa persoa non se pode esperar outra cousa. Pero tampouco temos que ignorar a esa persoa, podemos ir comer con ela e compartir uns bos pratos da nosa gastronomía. E se quedamos satisfeitos, é habitual dicir QUEDEI COMA UN PEPE. E pode ser que, como é unha expresión de fai tempo, non tivera en conta á muller polo que deberiamos darlles o sitio que corresponde... por exemplo, QUEDEI COMA UNHA PEPA. E punto!

TARDE PIACHES! é outro dito que se pode dicir cando é demasiado tarde para opinar porque xa se tomou unha decisión sobre algo. Para evitar que che digan isto, hai que ser LISTO/A COMO UN ALLO, que fai referencia a que os allos son todo cabeza e o cerebro co que se pensa está na nosa cabeza.

NON SEXA O DEMO utilízase cando intentamos ter todo ben atado para que non pase nada que non esperemos, nada malo. TANTO ME DÁ E TANTO ME TEN é outra que usamos para dar a entender que algo nos dá igual, que non nos importa. E para nos despedir, unha expresión que se usa moito para expresar o moito que nos apetece algo, CANTO ME TARDA.

Deica a próxima amores!

Comentarios

Entradas populares