CINCO NOVIDADES DE KALANDRAKA

 



Ola!

Hoxe chegamos con cinco novidades dunha das nosas editoriais preferidas: Kalandraka.

Libros para todas as idades e todos os niveis lectores, cinco titulazos que chegan para facernos felices e para permitirnos seguir gozando coa literatura en galego.

Por unha parte, Labirinto, de Ramón Trigo, é un diario de viaxe ao corazón de África dun artista que serve para analizar a súa creatividade con diferentes cores, sabores e segredos. Logo, temos Canta xente se necesita...? de Anna Font, un conto sobre a convivencia, a cooperación e os afectos. Despois, Filla das ondas, de Fina Casalderrey e Xosé Cobas, onde se descubre a cidade de Pontevedra a través de lendas, de patrimonio, de misterio e de aventura. Con Inventario de rochas e minerais, volvemos a unha colección marabillosa e neste caso para iniciarse e facerse "expertos" en xeoloxía. Para rematar, Bim, Bam, Bum de María Girón, o Premio Compostela 2024 que afonda no compoñente lúdico da vida e, en concreto, da infancia.













Ata logo! 

Comentarios

Entradas populares