8 MARZO: DÍA DA MULLER



O venres 7 de marzo organizamos, como levamos facendo estes cursos, a nosa particular manifestación en reinvidicación do dereito humano da igualdade real entre homes e mulleres.

Conmemoramos o día da muller inspirándonos nas viñetas de Luis Davila (O Bichero), recalcando o protagonismo da personaxe de muller labrega.



Por iso, baixo o lema "DESBRAVA O MACHISMO!" a cativada fixo un fouciño co símbolo da muller que mandamos para facer na casa en cartón. Organizamos un photocall para que as alumnas e alumnos quitaran unha foto como muller labrega (cun pano na cabeza, mandil e fouce) reinvindicando a eliminación do machismo. Con esas fotos fixemos un imán para levar para a casa.




O día da manifestación pedimos a cativada, que viñera caracterizado de muller labrega cun pano na cabeza, mandís tradicionais (de xeito opcional) e a fouce de cartón con palabras e lemas que escribiron en prol das mulleres ou como denuncia á desigualdade.


O venres fomos ata o parque de O Souto en manifestación. Alí, as alumnas e alumnos de 6º de EP leron un manifesto e cada clase foi saíndo a dicir as súas mensaxes de denuncia e loita para conseguir a plena igualdade entre homes e mulleres.











Este día sempre o queremos conmemorar non como unha festividade, senón como un día de orgullo e loita por todas aquelas mulleres que ao longo da historia conseguiron moitos dereitos con moito sacrificio e por outra banda, como un día de denuncia para berrar ben alto que aínda nos queda moito por conseguir, pero que nós cada ano loitaremos por dar un paso máis cara a igualdade entre xéneros.










































































Comentarios

Entradas populares