NOVO DISCO DA BANDA DE MÚSICA TRADICIONAL SEMENTEIRA DE CAMBRE

 




Bo día!

Para nós, a Escola de Música de Sementeira é unha escola irmá, que nos aporta moito na nosa e que crea moito vínculo cultural en toda a comarca.

Veñen de sacar un disco ben fermoso que queremos compartir con vós. Presentárono (como di na foto) o pasado decembro e o próximo 15 de marzo 

"É un traballo innovador porque o único que fai é gardar a esencia das cousas", como di o director Luís Bolón.

Cerca de vinte músicos participaron na gravación do álbum, no que "o epicentro son As Mariñas" e que recolle pezas coñecidas pero con versións propias, froito de arranxos do propio Bolón e algún de Pedro Lamas, autor dunha das composicións inéditas que tamén soan no disco.

Nove pezas interpretadas por gaitas e percusión tradicional galega e dúas, ademais, por voces: unha delas cántaa un coro integrado por familiares dos alumnos da escola e outra, un grupo de pandeireteiras. O coro familiar cantou un pasodobre e as pandeireteiras, unha canción que interpretaba de Mercedes de Borducedo, de Bergondo.


Deixámosvos un vídeo:



Comentarios

Entradas populares