DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
A actividade tiña por nome "Desexos de Paz" onde días previos á celebración, a cativada do colexio foi escribindo de maneira anónima os seus desexos de paz nuns papeliños que foron botando nunha caixa preparada para tal fin. Dunha selección, o día 30 xuntámonos para que cada grupo-clase lera algúns desexos e os pegara nuns lenzos para a súa exposición.
Que chulada de actividade! Un día cheo de palabras e reflexións para axudar a facer un mundo mellor, un mundo cheo de paz.
Como broche final cantamos, acompañando palabras con linguaxe de signos, a canción "Xirarei Now!" de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Velaquí vos deixamos as seguintes fotos dese día.
.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario