CEIBARIMAS




CeibaRimas é o primeiro proxecto de rap improvisado en galego. A través de formacións presenciais, contidos online e eventos de freestyle crean unha comunidade de improvisadores en galego, que ata agora non atopaban o seu espazo no noso panorama musical. O seu eixo central é unha liga de rap improvisado en galego, que pretende asentarse como referencia dentro da disciplina.

O rap improvisado é o eixo deste proxecto, que ao mesmo tempo funciona como ferramenta para aproximarnos á mocidade. 

Buscan afastarse das habituais dinámicas machistas que adoitan acompañar as batallas de galos, para crear un formato máis feminista e inclusivo, no que se valore a improvisación e creatividade por riba da confrontación.

A normalización da lingua galega entre a mocidade é un dos nosos principais obxectivos.


Pincha aquí para ver a información na web e acolá para ver en YouTube.


Déixovos un vídeo resumo da final 2024 para abrir boca:


Ata a semana!


Comentarios

Entradas populares