AMULETO de Grampoder
Ola!
Grampoder son Le Roi e Martin Wu, dous tipos que levan moito tempo facendo cousas xuntas para o deleite dos seus fans. Estiveron xa xuntos noutros proxectos como The Homens, unha das bandas mais prometedoras en facer pop en galego dos anos 2000. Baixo o nome Grampoder, levan xa catro discos (con este), cada cal, mellor.
Amuleto é unha marabilla. Rock, pop, psicodelia, folk, un pouco de escuridade, letras agudas e afiadas. Voz, guitarra e batería, tres elementos para facer música sinxela pero contundente. Dúas persoas chegan para formar unha banda.
Pinchade aquí para escoitar o disco no seu perfil de bandcamp.
Aquí vos deixamos cun temazo:

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario