SAMAÍN 2024

 

O uso das cabazas en Galiza non é unha copia do Halloween. Ela é Consuelo e foi fotografiada na vila vella de Cedeira hai 35 anos por Antonio Quintana (é un recorte do xornal). Nesta imaxe podemos vela celebrar a festividade de defuntos con dúas cabazas talladas e listas para usalas para asustar, unha tradición ancestral. Existen rexistros por toda a xeografía galega que nos conta que nesta época era habitual tallar cabazas, patacas, nabos, etc e colocalos nos cruces de camiños, cruceiros, nas fiestras ou mesmo poñelas na cachola para asustar á xente. 

Fotografía e texto sacado de @orgullo.galego


Como todos os 30 de outubro celebramos o SAMAÍN!

Este día realizamos diferentes obradoiros onde a rapazada por grupos de idades misturadas van rotando en cada un realizando diversas actividades. Esta vez os obradoiros eran:

- De música: onde cada equipo inventaba unha apócema cos ingredientes máis noxentos e terroríficos. Escribíamolos e coa axuda dunha aplicación informática inventabamos un conxuro a modo de canción. Foi superdivertido! E ata comprobamos se a apócema funcionaba!!


- Sensorial: neste experimentamos coa luz negra e coas cores fluorescentes. Maquillámonos e decoramos camisetas brancas con rotuladores fluorescente que previamente trouxéramos. Despois comprobamos como brilaban na escuridade coa luz ultravioleta.


- Manualidade: aquí creamos candeas con botes de cristal (que trouxemos da casa días antes) utilizando papeis de cores e cola.


- Xogos: no pavillón e na pista organizáronse diferentes xogos populares.


Que ben o pasamos! Foi terrorificamente divertido!

Xa estamos contando os días para o próximo Samaín!



Comentarios

Entradas populares