INFLUENCERS: PRADO RÚA



Que tal?

María Rúa Rodríguez é Prado Rúa nas redes, unha moza que comezou a subir vídeos naqueles tempos do COVID nos que non se podía saír da casa. É ourensana, ten 23 anos e 20000 seguidores en Instagram. Ademais, é mestra de educación infantil e está a estudar pedagoxía. 

Na súa conta, a identidade galega conta moito e, por iso, fai gala coa lingua (que gran legado!) e tamén coa defensa dos dereitos humanos. Os seus vídeos van desde as homenaxes aos inmigrantes (vía Castelao), os peiteados e a maquillaxe, receitas de cociña, alimentación saudable, contos da infancia, Preescolar na casa, cine, mundo audiovisual.

No Festival Interplay de Carballo foi finalista como mellor creadora dixital.


Pinchade aquí para ir á súa canle de YouTube. 

Agardamos que vos mole!

Comentarios

Entradas populares