DICIONARIO GTB: ALGUNHAS EXPRESIÓNS
Boas!
Que vos parece se introducimos unhas cantas expresións do galego que están algo esquecidas? Desas que xa non se usan nada ou case nada... Ao mellor, algún avó ou algunha avoa as di de vez en cando.
Comezamos con NON DAR CORTE, que vén a ser non facer caso. A min dixéronme moitas veces: Quen che dera que che dera corte! Unha expresión fascinante que contén outra expresión poco usada como é QUEN CHE DERA, que significa xa che gustaría.
HO, que así se escribe esta palabra tan galega para expresar eses A ver, ho! ou Para xa, ho! e que convén non confundir co oh! de Oh! Que bonito!
Temos tamén expresións como VAICHE VIR A VISTA!, que significa que vas espertar de vez, a irónica CÓNTAME OUTRA como resposta a unha persoa que che está intentando meter unha trola, NON ME SEXAS PETUÑO que se lle di a alguén que gasta o menos posible, ERES UN/UNHA COMENENCIAS para referirse a quen sempre vai mirando polo seu proveito e propio interese e ERES UN/UNHA MIÑAXOIA dirixido a quen se queixa moito por calquera cousa ou a quen cre calquera cousa sen pensar se pode ser certa.
Pois, de momento, ata aquí chegou. Se vos molou, se vos parece que isto TEN XEITO, faremos unha nova entrega de Algunhas Expresións.
Ata a próxima!
.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario