XAROPE TULÚ

 


Bo día!

Hoxe queremos presentarvos a una compañía marabillosa, das que más nos gustan, "comprometida coas linguaxes escénicas dirixidas á infancia e a mocidade, que convida a viaxar por mundos singulares" como din na súa web.

Son unha actriz, Atenea García, e un escenógrafo e músico, Nicolás Zamorano, que xuntan música, teatro de obxectos e narración oral para deixarnos coa boca aberta en cada obra e amosarnos outros mundos. 

A verdade é que non é fácil encontrar unha proposta cultural tan ben pensada e tan ben feita. Se vos enterades que andan preto de onde vivides, non o dubidedes, ide ver os seus espectáculos.




A miña primeira viaxe, De bruídos e miañares, Estrafalaria, O cardume, Rilla-Rilla, Roupa tendida, Utopías ou A teteira de Kabul son algunas das súas obras.



Pincha aquí para acceder á súa web. 


E agora déixovos cun par de vídeos:




Ata a próxima!

Comentarios

Entradas populares