INFLUENCERS: NUBES BAIXO TI
Que tal?
Hoxe temos outra rapaza máis á que seguir, outra persoa que nos pode facer ben descubrir. Trátase de Nubes Baixo Ti, nome artístico da ourensá Eira Losada. Outra máis que aposta por crear contido na nosa lingua, outra máis que contribúe co uso e coa visibilización a prolongar a vida do galego. Moitas grazas Eira!
Como se preparan as coplas para a festa dos Maios, reflexións sobre a lingua galega, recomendacións de libros, cancións, viaxes, pensamentos sobre a universidade, videoclips... e moito máis para fuchicar sen parar.
Pincha aquí para ir á súa canle de YouTube.
Déixovos con algúns vídeos:
Ata a semana!

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario